Skip to content
Artwork for O que hai que escoitar

O que hai que escoitar

Curso Podcast Usc

The publisher did not include a description for this show.

Play
  • 20 episodes
  • Avg 1 hr
  • Galician
  • S20 · E761
    Yesterday · 59 min

    Efer 761 (4-10-26): Anne L’Huillier: «fotografar» os electróns

    (4:23) O factor de impacto naceu para comparar revistas científicas, pero acabou condicionando as carreiras de quen investiga. Conversamos con Jordi Camí, director do Parque de Investigación Biomédica de Barcelona, sobre a presión por publicar, o...

  • S20 · E759
    October 15 · 58 min

    Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa

    (2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos. (18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde...

  • S20 · E758
    September 28 · 59 min

    Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio

    (5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta...

  • S20 · E757
    September 22 · 1 hr 21 min

    Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza

    Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes...

  • S20 · E756
    September 6 · 54 min

    Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León

    (2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en...

  • S19 · E755
    August 19 · 55 min

    Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR

    Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde...

  • S19 · E754
    August 16 · 56 min

    Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais

    Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director...

  • S19 · E753
    August 10 · 1 hr 1 min

    Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade

    Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de...

  • S19 · E751
    July 30 · 56 min

    Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

    (2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a...

  • S19 · E750
    July 23 · 56 min

    Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

    (3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento....

  • S19 · E749
    July 22 · 1 hr 7 min

    Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

    A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas:...

  • S19 · E748
    July 21 · 57 min

    Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

    (2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está...

  • S19 · E747
    July 20 · 55 min

    Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

    (2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun...

  • S19 · E746
    July 19 · 54 min

    Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas

    (2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das...

  • S19 · E745
    July 19 · 55 min

    Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia

    Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e...

  • S19 · E744
    July 16 · 56 min

    Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros?

    (1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por...

Showing 1–20 of 20 episodes