Skip to content
Artwork for Efervesciencia

Efervesciencia

Efervesciencia

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 10 horas.
Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)
Presentado e dirixido por Manuel Vicente.
No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.
Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Play
  • 24 episodes
  • Avg 58 min
  • Galician
Counted on this page — what you have heard stays on this device, so it is not something the list can be paged by.
  • S19 · E739
    June 24 · 54 min

    Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón

    (2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo por detrás de China e mais Chile. O problema é que nas últimas campañas a produción deste molusco ten descendido e cómpre preguntármonos que vai pasar no futuro e cal vai ser a incidencia do cambio climático neste recurso sostible e único co que contamos en Galicia. Para iso conversamos co profesor de investigación honorífico do CSIC Uxío Labarta. (23:16) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (24:18) A primeira parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" danos pe para falar de que a IA nin é tan intelixente nin tan artificial...

  • S19 · E738
    June 14 · 57 min

    Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA

    Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia artificial para mellorar o tratamento das feridas crónicas. (32:41) Moncho Núñez tráenos a efeméride do lapis con goma de borrar no seu Calendario da Historia da Ciencia. (33:43) Camilo Prieto (responsable de aplicacións de láser de AIMEN) explícanos o proxecto L3DO de impresión láser 3D de materiais de altas prestacións demandados pola industria aeronáutica, espacial e da automoción. (42:14) Faustino Castro, tamén de Gradiant, achéganos a DOKKEN, unha nova spin-off que automatiza a xestión documental en empresas mediante IA, facilitando a dixitalización de procesos complexos.

  • S19 · E737
    June 9 · 54 min

    Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses

    (4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron relátanos a aventura dos globos aerostáticos na eclipse de 1905 e o misterio das “serpes solares”.

  • S19 · E736
    June 1 · 56 min

    Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta

    Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docencia e na investigación. As novas autoridades franquistas desterran e expulsan a Calvet da súa cátedra na Universidade de Santiago. Calvet resiste e logra grandes fitos na industria farmacéutica, mesmo coa aquiescencia do réxime que quixo afogar a súa vida. Unha historia de solidariedade e mérito científico que se ramifica en direccións inesperadas, algunhas en bicicleta, e que chegan a hoxe en día.

Showing 21–24 of 24 episodes