Skip to content
Artwork for Vinte de Foliada

Vinte de Foliada

Praza.gal

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas.

Unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia

Play
  • 6 episodes
  • Avg 29 min
  • Galician
  • S1 · E6
    Dec 18, 2025 · 36 min

    Vinte de Foliada en Ourense

    Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada. Entre castañas e carballos de Monteledo, o encontro organizado polo colectivo A Galleira ábrenos a porta de grupos como Algaravía, A Cuñeira, a Asociación Ourensá de Folclore e do legado doutras como Auriense. A conversa con participantes nesta festa achéganos a encontros periódicos coa música tradicional coma os Venrespirar, dos que nos fala Gabi Reboredo, músico e profesor de canto, percusión e baile en Algaravía, que goza do magosto preto dalgunhas das súas alumnas. Lucía, Raquel, Noelia... Ourensás moi activas no tradi que nos explican como a música tradicional está moi viva e vai ao carón de valores actuais para mocidade e maiores da cidade e tamén para persoas vidas de fóra como Alba, moza de Valladolid que a través da música chegou tamén á lingua galega. Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

  • S1 · E5
    Dec 11, 2025 · 31 min

    Vinte de Foliada en Pontevedra

    Vinte de Foliada para en Pontevedra, onde ea viveza da música tradicional amósanola Álvaro Carballo. Conversamos con el entre aulas de música e baile da asociación Trepia, punto de encontro dende 2008 para veciñanza de todas as idades que, ademais de aulas, dá nova vida a tradicións como as danzas de reis ou a Aña Urbana. De traer a tradición á actualidade saben tamén moito na Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte, que nos recibe nunha das súas clases de bordado ao aire para engalanar traxes tradicionais, pero tamén roupa ben actual; no seu caso o alumnado é de máis idade, pero comparte coas mozas e mozos a vontade de ir ás foliadas e non ficar só mirando. O episodio pontevedrés conclúe nun espazo ben diferente, a universidade. O campús pontevedrés da UVigo acolle a aula permanente de música tradicional dirixida por Suso Vaamonde, que explica a sorte de contar cun espazo coma este e reflexiona sobre a necesidade de manter vivo o legado das cantareiras non só nunha data sinalada, senón sempre. Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

  • S1 · E4
    Dec 4, 2025 · 33 min

    Vinte de Foliada en Santiago

    Que as pandeiretas ecoen pola rúa non é nada estraño en Santiago. Vinte de Foliada achégase a unha das agrupacións máis senlleiras da cidade, Brincadeira, para conversar co alumnado e cunha das súas mestras, Montse Rivera, unha das integrantes das históricas Leilía que explica como a actual explosión das foliadas é, en boa medida, herdeira das recolleitas de finais do século XX. Poder levar a tradición á vida actual é o que tentan as mozas e mozos que acoden ás aulas de baile da Gentalha do Pichel. Tras unha delas sentan ante os nosos micros e explican como se preparan para acudir con xeito ás foliadas e tamén falar galego con normalidade. Concluímos coas impulsoras do proxecto Andar cos Tempos; Carme Campo, Chus Caramés e Ana Lenza, profesoras e estudosas, explícannos como logran un baile tradicional máis libre a través de repensar os roles de xénero que o marcaron durante demasiado tempo Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

  • S1 · E3
    Nov 19, 2025 · 25 min

    Vinte de Foliada en Vigo

    O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar. Demóstranos que a tradición é agora e o mesmo fai Artur Puga, bailarín, bailador e percusionista que nos explica como a música tradicional non só está viva, senón que gaña espazos na cidade. Pasamos, asemade, pola escola de danza Inés Núñez e sentamos a conversar de vagar con Luís Prego; músico, bailador, investigador, fundador do grupo O Fiadeiro e un dos responsables de que o tradi teña un presente tan vizoso. Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

  • S1 · E2
    Nov 12, 2025 · 28 min

    Vinte de foliada en Lugo

    O segundo Vinte de Foliada para en Lugo. En vésperas do San Froilán visitamos unha unha aula de iniciación á pandeireta no CENTRAD, o Centro de Artesanía e Deseño, conversamos coa rapazada de entre 9 e 13 anos que vai ás aulas e tamén coa súa profesora, a música Branca Villares. Tamén pasamos pola escola de baile O Xeito, onde Xabier Iglesias nos explica como levan unha década termando da tradición mentres o pasan ben. E paramos nunha das asociacións vencelladas ao 'tradi' máis emblemáticas da cidade da Muralla, A Volta do Agro, onde Senén Montero nos explica como o que alí sucede en clases e foliadas vai moito máis alá e demostra, como dicimos no Vinte de Foliada, que a tradición é agora. Na redacción, produción e locución deste episodio estiveron Ana Liste e David Lombao Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia

  • S1 · E1
    Oct 29, 2025 · 20 min

    Vinte de foliada na Coruña

    O primeiro Vinte de Foliada principia nunha das foliadas de Elviña, onde cada mércores desde hai décadas centos de persoas se xuntan para tocar e bailar ou para gozar desde a terraza dunha festa improvisada que naceu e se mantén grazas ao impulso da asociación Tempo Novo e onde se dan cita membros de moitos outros colectivos que terman do tradi na cidade. Achegámonos tamén a unha aula de pandeireta da asociación Donaire, onde acreditamos que, á calor das coplas e dos toques, tamén reverdece a lingua galega. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia Na redacción, produción e locución deste episodio estiveron Miguel Pardo, Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao Para saber máis https://vinte.praza.gal/artigo/vinte-de-foliada-na-coruna

Showing 1–6 of 6 episodes