

#152 | Os mekemekes na Festa dos Botes | Programa especial
Exército Mekemeke visita o soviet de Arzúa por primeira vez para un especial da 43 edición da Festa dos Botes! 🎉 O pregón deste ano corre a cargo das primeiras comisións arzuás, e nós aproveitamos a súa sabedoría para desvelar o que realmente pasa entre bambalinas: fallos, tensións, segredos e trucos para sobrevivir á organización dunha festa. Se pensas que montar unha festa é doado... é que nunca falaches cunha lenda das comisións de festas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.


















