Skip to content
Artwork for As Womansplainers
As Womansplainers · April 2 · 1 hr 15 min

Suplementación

No episodio desta semana, para falarmos de suplementación, acompáñanos a María Otero, graduada en nutrición humana e dietética. Segundo a OCU, durante o ano 2025 o 60% da poboación tomou algún tipo de suplemento alimentar, pero existe realmente algún suplemento necesario para o noso organismo que non poidamos obter a través dunha dieta equilibrada de forma sinxela? Falamos sobre suplementación deportiva e do auxe dos produtos “altos en proteína”. Serven de algo ou só son estratexias publicitarias? Que beneficios ten unha dieta rica en proteínas? Coláxeno, niacinamida, produtos adelgazantes… Debatimos sobre como a suplementación alimentar vai ligada á presión estética, formando parte da cultura da obsesión coa eterna xuventude. Por último, falamos da inocuidade percibida en certos suplementos por seren “naturais” e dos perigos do seu uso sen seguimento profesional. E vós, tomades algún tipo de suplemento? Comentádenos as vosas experiencias e non perdades detalle deste novo episodio das Womansplainers!

0:00-1:15:27

transcript

No transcript — this publisher did not publish one.

show notes

No episodio desta semana, para falarmos de suplementación, acompáñanos a María Otero, graduada en nutrición humana e dietética. 

Segundo a OCU, durante o ano 2025 o 60% da poboación tomou algún tipo de suplemento alimentar, pero existe realmente algún suplemento necesario para o noso organismo que non poidamos obter a través dunha dieta equilibrada de forma sinxela? 

Falamos sobre suplementación deportiva e do auxe dos produtos “altos en proteína”. Serven de algo ou só son estratexias publicitarias? Que beneficios ten unha dieta rica en proteínas? 

Coláxeno, niacinamida, produtos adelgazantes… Debatimos sobre como a suplementación alimentar vai ligada á presión estética, formando parte da cultura da obsesión coa eterna xuventude.

Por último, falamos da inocuidade percibida en certos suplementos por seren “naturais” e dos perigos do seu uso sen seguimento profesional.

E vós, tomades algún tipo de suplemento? Comentádenos as vosas experiencias e non perdades detalle deste novo episodio das Womansplainers!

more episodes

All episodes